sábado, 2 de mayo de 2026

Uuu-uuu, BEGOÑA (Teatro para a infancia)

Begoña Caamaño vive unha aventura superemocionante canda as protagonistas das súas novelas nesta obra escrita por An Alfaya e a ilustrada Laura Romero. Todo acontece nunha noite máxica e crucial para salvar o tesouro das Letras Galegas 2026. Precisamos da vosa axuda!

Uuu-uuu, BEGOÑA!

A peza teatral das Letras Galegas 2026 convídanos a coñecer a Begoña Caamaño e os seus personaxes cantando, recitando, xogando e tamén actuando!

https://primaveradasletras.gal/storage/cache/fullsize/baners/uuu-uuu-begona-obra-completa-e0d3a956.jpeg 

Lanzamento

A Curuxa Maruxa e o Moucho Moncho fálannos da historia do Día das Letras Galegas, de Rosalía de Castro a Begoña Caamaño.

https://primaveradasletras.gal/storage/cache/fullsize/baners/lanzamento-21469246.jpeg 

Lance 1: O Bosque do Aquén

Tarde do 16 de maio de 2026. Uxía e un grupo de nenas e nenos prepáranse para recibir a Begoña Caamaño.

https://primaveradasletras.gal/storage/cache/fullsize/baners/lance-1-o-bosque-do-aquen-9798148d.jpeg 

Lance 2: O Bosque do Alén

Atravesade a porta invisible que se abre esta noite entre as árbores. Ao outro lado Circe e Morgana están a preparar un feitizo. Que argallarán?

 https://primaveradasletras.gal/storage/cache/fullsize/baners/lance-2-o-bosque-do-alen-f94669ca.jpeg

Lance 3: O legado

O mago Merlín tamén aparece para axudar a nosa escritora. Poderán todos xuntos salvar o tesouro das Letras Galegas?

 https://primaveradasletras.gal/storage/cache/fullsize/baners/desenlance-c6f25bfd.jpeg

Desenlance

Volvemos ao Bosque do Aquén para saber como acaba esta aventura e celebrar a gran festa da nosa cultura.

 https://primaveradasletras.gal/storage/cache/fullsize/baners/desenlance-c6f25bfd.jpeg

No hay comentarios:

Publicar un comentario