martes, 3 de febrero de 2026
lunes, 2 de febrero de 2026
lunes, 12 de enero de 2026
Manifesto pola paz. 3º ciclo
Olaaa!
Somos nós. Si, nós: as nenas e os nenos de 5º e 6º.
Temos zapatillas gastadas de xogar, mans manchadas de pintura, ideas tolas, risas contaxiosas… e hoxe temos algo moi importante que dicir:
Queremos PAZ!
Pero non unha paz aburrida, silenciosa e sentada nunha cadeira.
Queremos unha paz que percorra o noso patio que xoga ao escondite, que comparte o bocadillo e que se dá abrazos sen pedir permiso.
Como dixo John Lennon: “Imaxina un mundo en paz”.
Nós non só o imaxinamos… construímolo cada día no cole.
E AGORA… ATENCIÓN! CHEGA CROCOLIBRO!
Desde a biblioteca, entre contos, cómics e libros misteriosos, aparece Crocolibro, o crocodilo máis lector do planeta.
Non come persoas, come historias.
Non morde, ensina.
Crocolibro dinos sempre:
—“Cada vez que les, aprendes a entender aos demais”.
E nós escoitámolo, porque cando alguén entende, non pega,
cando alguén entende, non insulta,
cando alguén entende… axuda.
Crocolibro pasa as páxinas coa súa cola e recorda que as palabras poden ser bálsamo ou picadura de mosquito.
Nós escollemos que sexan bálsamo.
A GRAN SELVA DA PAZ
Un día, lendo con Crocolibro, viaxamos a unha selva moi especial.
Alí, o león decidiu deixar de mandar e comezar a escoitar.
A tartaruga ensinounos que ir despacio tamén é chegar lonxe.
O mono aprendeu a compartir, aínda que só houbese unha banana.
A cacatúa deixou de repetir insultos e empezou a repetir:
—“Por favor, grazas, perdón”.
E ata o crocodilo da selva, primo segundo de Crocolibro, descubriu que é mellor abrir libros que bocas enfadadas.
Como dicía Esopo, nas súas fábulas:
“A unión fai a forza”.
E nós sabemos que xuntos somos imparables.
Nós prometemos:
- Respectar, aínda cando non pensamos igual
- Coidar a quen estea triste, só ou enfadado
- Resolver os problemas falando, non empurrando
- Rir sen facer dano
- Xogar sen excluír
- Defender a paz no patio, na clase e na vida
- Coidar as palabras como se fosen sementes
- Defender a quen o precisa, porque ninguén camiña só
- Rir xuntos, xogar limpo e pedir perdón cando faga falta
- Celebrar as diferenzas, porque ser distintos é unha marabilla
Porque como dixo Gandhi:“A paz é o camiño”.
E nós xa estamos camiñando.
O NOSO BERRO FINAL (QUE NON ASUSTA, PERO MOVE MONTAÑAS)Con Crocolibro como guía, coa selva como exemplo, e cos nosos corazóns ben abertos, dicimos:
SÍ AO RESPECTO
SÍ AO COMPAÑEIRISMO
SÍ Á PAZ
E dicimos NON á violencia,
NON ás burlas,
NON a deixar a alguén atrás.
Porque somos nenas e nenos,
pero tamén somos o presente,
porque somos 5º e 6º do CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón,
e porque a paz apréndese lendo, xogando, falando e queréndose moito.
Palabra de Crocolibro. Palabra nosa.
domingo, 14 de diciembre de 2025
miércoles, 10 de diciembre de 2025
martes, 9 de diciembre de 2025
Ficha de traballo "Wonder"
Despois de traballar o Día da Discapacidade en galego con diferentes películas vencelladas á discapacidade, anexionamos algunhas das reflexións feitas polo alumnado de 3º ciclo, neste caso, concretamente sobre Wonder.
viernes, 5 de diciembre de 2025
jueves, 4 de diciembre de 2025
miércoles, 3 de diciembre de 2025
martes, 2 de diciembre de 2025
O apalpador
Vídeo coa canción adicada ó Apalpador, personaxe tradicional galego que o 31 de decembro baixa das montañas de O Caurel para deixarlle castañas e agasallos ós nenos e nenas de Galicia. O personaxe deste vídeo está inspirado nas ilustraciones que del fixo Leandro Lamas.
domingo, 30 de noviembre de 2025
Rematando o mes das ciencias
Rematamos o mes das ciencias cun agasallo e marcapáxinas científico para os participantes na Feira de ciencias.
miércoles, 19 de noviembre de 2025
XII Feira de ciencias 5° Novembro 2025
Co gallo da celebración do mes da ciencia en galego quixemos aproveitar a expoñer os experimentos de 5º a través da XII Feira de Ciencias no noso cole.
Todo o alumnado do centro puido visitar as diferentes seccións, maquetas e experimentos e aprender un pouco máis sobre as diferentes ramas da ciencia.
miércoles, 12 de noviembre de 2025
martes, 11 de noviembre de 2025
Wonder
Pronto se aproxima a efeméride da Discapacidade e, desde o noso cole, unha das actividades será o visionado de películas relacionado coa temática.
Aproveitando o irmanamento cos nosos veciños portugueses a través do proxecto "Escolas de fronteiras" visionaremos algunha subtitulada en galego e outras dobradas á nosa lingua irmá.
domingo, 26 de octubre de 2025
Recursos Samaín
Se facedes CLIC aí ou na seguinte imaxe podedes descargar o PDF interactivo no que cada botón da esquerda do epígrafe vos leva directamente ao arquivo correspondente para descargar e empregar.
Van uns exemplos do que atopar:
Xogo "Onde vive quen", un sinxelo xogo de conversas con final aberto no que 8 personaxes (ánima, compaña, calvaquiño...) buscan o lugar idóneo onde vivir (cova, casa encantada, hórreo perdido...) as curtas descricións e a comunicación faran que tratemos de axudalos (instrucións no arquivo)
Atopa o argumento para a túa historia: Unha sinxela plantilla na que empregando a inicial, día e mes de nacemento podemos atopar unha idea da que xurda unha fantástica historia de Samaín.
Tarxetas de Samaín do "SpeedCups", ou "Vasos a todo filispín": é un pack de tarxetas do xogo de apilar vasos segundo a cor.
sábado, 25 de octubre de 2025
miércoles, 22 de octubre de 2025
martes, 14 de octubre de 2025
Historias de Samaín
Preparámonos para o Samaín traballando as nosas dotes artísticas e literarias desde primeiro ata 6º para rematar lendo as historias de monstruos a través de Radio Lagoa, a nosa emisora de radio educativa.
lunes, 13 de octubre de 2025
domingo, 12 de octubre de 2025
Obras de teatro medioambiental
Coidar e traballar coa nosa lingua é un dos nosos deberes fundamentais.
Nesta ocasión quixemos facelo elaborando durante estas semanas obras de teatro sobre o medioambiente para coidar o noso fogar.
Agardamos que vos gusten e lle atopedes utilidade
O misterio das 7R e o tesouro de Salvaterra
O misterio das 7R e o tesouro de Salvaterra (versión mellorada)
viernes, 10 de octubre de 2025
jueves, 9 de octubre de 2025
miércoles, 8 de octubre de 2025
martes, 7 de octubre de 2025
Recursos magosto
A continuación, deixámosvos unha serie de enlaces e recursos que poden ser de utilidade para traballar durante o outono e o magosto.
INFORMACIÓN: (clicade nos textos)

1. O outono e as súas tradicións (Aldeas galegas)
4. Os cogomelos (Vieiros da escola)
POEMAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS: (clicade nos textos)

1. Poemas e adiviñas (O recanto de Mik)
2. Refráns (C.E.I.P. Campolongo)
ACTIVIDADES PLÁSTICAS: (clicade nos textos)
1. Láminas para colorear (Waece)
2. Variedade de ideas (Álbum Picasa)
3. Letras e números de outono (Álbum Picasa)
LECTURA: (clicade nos textos)

1. A folliña viaxeira (ISSUU):
RECEITAS: (clicade nos textos)

1. Dez receitas con castañas (Tus recetas ABC de Sevilla).
2. Receitas con productos de temporada (L´exquisit)
FALL IS HERE!: (clicade nos textos)
![]()
1. Variedade de actividades sobre o outono en lingua inglesa
XOGOS: (clicade nas imaxes)
Crea a túa personaxe de outono
Outono (Vedoque)
O tempo e as estacións (Junta de Castilla y León)
ACTIVIDADES LIM: (clicade nas imaxes)
LIM (Ana Martínez Rey)
LIM (C.E.I.P. Frián-Teis)
LIM (Ana Martínez Rey)
LIM (Ana Martínez Rey)
lunes, 6 de octubre de 2025
domingo, 5 de octubre de 2025
sábado, 4 de octubre de 2025
Decorando os corchos do noso centro
Hai que traballar a linuaxe paremiolóxica e a sabedoría popular dos nosos antrgos e... que mellor eito de facelo que aproveitando a sabedoría popular do noso refraneiro!
Estamos na época do magosto e aproveitando que a nosa mascota da biblio é Crocolibro e que o PLAMBE deste curso académico está relacionado coa selva, a súa familia será a encargada de amosarnos refráns propios do magosto e desta época do ano.
viernes, 3 de octubre de 2025
Marcapáxinas de Crocolibro (un dos nosos amigos da selva) celebrando o Magosto
Xa queda cada vez menos para o magosto e non queremos que nos pille de improviso, así que, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Linguística vos deixamos 5 deseños diferentes de marcapáxinas dun dos nosos amigos da selva máis queridos, a mascota da nosa biblio, Crocolibro.
Celebra o magosto coñecendo o refraneiro popular galego en torno ao magosto e demostra as túas dotes artísticas pintando e recortando o teu marcapáxinas favorito e non te fartes de ler.
Homenaxeando a Begoña Caamaño (figura homenaxeada nas Letras Galegas 2026), a cal lle gusta versionar historias da mitoloxía convertendo ás figuras femininas en protagonistas, vos deixamos algún marcapáxinas da irmá do noso querido Crocolibro.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)










































