domingo, 26 de octubre de 2025

Recursos Samaín

Se facedes CLIC aí ou na seguinte imaxe podedes descargar o PDF interactivo no que cada botón da esquerda do epígrafe vos leva directamente ao arquivo correspondente para descargar e empregar.


No arquivo hai desde xogos imprimibles a textos, un mapa para os Beebot, música...en fin, unha pequena escolma, un ano máis.

Van uns exemplos do que atopar:

Xogo "Onde vive quen", un sinxelo xogo de conversas con final aberto no que 8 personaxes (ánima, compaña, calvaquiño...) buscan o lugar idóneo onde vivir (cova, casa encantada, hórreo perdido...) as curtas descricións e a comunicación faran que tratemos de axudalos (instrucións no arquivo)


Manual das bruxas mariñeiras: Baseado no libro "O manual das bruxas" de Malcom Bird está este sinxelo "Manual das bruxas mariñeiras", eu imprimino coma "folleto" é dicir sendo cada páxina un A5 para ir completando os manuais.


Un mapa de misterios de Samaín:
Un mapa dunha illa chea de misterios de Samaín que explorar cos Beebot. Está listo para imprimir e cortar cada peza axustado aos desprazamentos dos Beebot.

Atopa o argumento para a túa historia:  Unha sinxela plantilla na que empregando a inicial, día e mes de nacemento podemos atopar unha idea da que xurda unha fantástica historia de Samaín.


Tarxetas de Samaín do "SpeedCups", ou "Vasos a todo filispín": é un pack de tarxetas do xogo de apilar vasos segundo a cor.


Xornal de Samaín: 5 artigos adaptados e algunhas ideas de uso, ten un espazo na cabeceira de cada páxina para poñerlle nome ao xornal, pode ser o nome da biblio, da aula... (o noso proxecto deste curso vai da costa e cultura de mar de aí que moita temática intentemos relacionala...)

martes, 14 de octubre de 2025

Historias de Samaín

Preparámonos para o Samaín traballando as nosas dotes artísticas e literarias desde primeiro ata 6º para rematar lendo as historias de monstruos a través de Radio Lagoa, a nosa emisora de radio educativa.

domingo, 12 de octubre de 2025

Obras de teatro medioambiental

Coidar e traballar coa nosa lingua é un dos nosos deberes fundamentais.

Nesta ocasión quixemos facelo elaborando durante estas semanas obras de teatro sobre o medioambiente para coidar o noso fogar.

Agardamos que vos gusten e lle atopedes utilidade

As 7R


As 7R de Salvaterra


As 7R na Ribeira do Miño


O misterio das 7R e o tesouro de Salvaterra


O misterio das 7R e o tesouro de Salvaterra (versión mellorada)

martes, 7 de octubre de 2025

Recursos magosto

A continuación, deixámosvos unha serie de enlaces e recursos que poden ser de utilidade para traballar durante o outono e o magosto.

INFORMACIÓN: (clicade nos textos)

1. O outono e as súas tradicións (Aldeas galegas)

2. O magosto (Wikipedia)

3. O castiñeiro (Galicia.com)

4. Os cogomelos (Vieiros da escola)

 

POEMAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS: (clicade nos textos)


1. Poemas e adiviñas (O recanto de Mik)

2. Refráns (C.E.I.P. Campolongo)

 

ACTIVIDADES PLÁSTICAS: (clicade nos textos)

1. Láminas para colorear (Waece)

2. Variedade de ideas (Álbum Picasa)

3. Letras e números de outono (Álbum Picasa)

 

LECTURA: (clicade nos textos)

1. A folliña viaxeira (ISSUU):

 

RECEITAS: (clicade nos textos)

1. Dez receitas con castañas (Tus recetas ABC de Sevilla).

2. Receitas con productos de temporada (L´exquisit)

 

FALL IS HERE!: (clicade nos textos)

1. Variedade de actividades sobre o outono en lingua inglesa

 

XOGOS: (clicade nas imaxes)

Crea a túa personaxe de outono

Outono (Vedoque)

O tempo e as estacións (Junta de Castilla y León)

ACTIVIDADES LIM: (clicade nas imaxes)

LIM  (Ana Martínez Rey)

LIM (C.E.I.P. Frián-Teis)

 LIM (Ana Martínez Rey)

LIM (Ana Martínez Rey)

sábado, 4 de octubre de 2025

Decorando os corchos do noso centro

Hai que traballar a linuaxe paremiolóxica e a sabedoría popular dos nosos antrgos e... que mellor eito de facelo que aproveitando a sabedoría popular do noso refraneiro!

Estamos na época do magosto e aproveitando que a nosa mascota da biblio é Crocolibro e que o PLAMBE deste curso académico está relacionado coa selva, a súa familia será a encargada de amosarnos refráns propios do magosto e desta época do ano.



viernes, 3 de octubre de 2025

Marcapáxinas de Crocolibro (un dos nosos amigos da selva) celebrando o Magosto

Xa queda cada vez menos para o magosto e non queremos que nos pille de improviso, así que, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Linguística vos deixamos 5 deseños diferentes de marcapáxinas dun dos nosos amigos da selva máis queridos, a mascota da nosa biblio, Crocolibro.

Celebra o magosto coñecendo o refraneiro popular galego en torno ao magosto e demostra as túas dotes artísticas pintando e recortando o teu marcapáxinas favorito e non te fartes de ler.

Homenaxeando a Begoña Caamaño (figura homenaxeada nas Letras Galegas 2026), a cal lle gusta versionar historias da mitoloxía convertendo ás figuras femininas en protagonistas, vos deixamos algún marcapáxinas da irmá do noso querido Crocolibro.